xoves, 28 de abril de 2016

BEATRIZ PÉREZ MAQUIEIRA (bióloga)



Esta pontevedresa licenciouse en Bióloxia pola Universidade de Vigo e con 30 anos é a responsable técnica do Aquarium & Underwater Zoo de Dubai. Dirixe o personal do acuario, supervisa a alimentación e a reprodución dos animais, así como a chegada doutros novos.
O seu acuario é espectacular.Está formado por nove pisos e conten dez millóns de litros de auga, divididos en tres seccións:auga salgada, auga doce e vida nocturna.
 Alberga 33.000 animais de máis de 300 especies, entre os que poden bucear os visitantes.
O inquilino máis coñecido é King Croc,un crocodilo australiano de 5 metros.No mesmo estanque vive tamén a súa parella, que viaxou con el dende australia e, segundo contra Beatriz, dormen os dous xuntos tocándose o nariz ou unha pata.
King Croc ten 40 anos ,e esperan que viva 80 máis;deste xeito podería acadar os 7 metros de lonxitude e convertíriase no crocodilo máis grande do mundo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.